expresión

expresión

lat expressĭōne

Plural: expresións
  1. s f

    Acción de expresarse.

  2. s f
    1. Maneira de expresarse mediante a linguaxe.

    2. Palabra, conxunto fixo de palabras ou locución.

  3. s f

    Conxunto de signos visibles, xeralmente os da cara, que manifestan o carácter ou estado anímico de alguén.

    1. s

      Facultade de manifestar o pensamento e o estado psíquico.

    2. expresión corporal [PEDAG ]

      Medio de expresión que ten no corpo o seu eixe central de significación, creación e comunicación.

    3. expresión dramática [ESPECT ]

      Medio de expresión que ten no xogo de papeis un dos eixes básicos da interpretación, entendido como un proceso de creación e construción de personaxes.

    4. expresión plástica [PEDAG ]

      Manifestación do individuo que utiliza algunha materia sensible para se expresar.

    5. expresión teatral [ESPECT ]

      Medio de expresión, creación e comunicación que se caracteriza pola comunicación entre un actor e un espectador e que constitúe, coa expresión dramática, o elemento fundamental do feito teatral.

    6. expresión xestual [ESPECT ]

      Medio de expresión que ten no xesto e na postura, dous dos seus elementos máis singulares e característicos.

  4. s f
    1. Calquera enunciado que, segundo a gramática xenerativa, emprega o falante como unha unidade comunicativa, en oposición á frase, que funciona como unha unidade gramatical.

    2. Significante ao que, segundo a escola glosemática, se lle atribúe unha substancia e unha forma.

  5. expresión matemática [MAT ]

    Feito xeral, regra ou principio, expresado mediante cadeas de símbolos matemáticos.

Citas

  • Coñece algunhas expresións de uso moi frecuente nas Rías Baixas
  • Malia que é estranxeiro, a súa expresión é bastante fluída
  • Ten sempre unha expresión ausente