explotación

explotación

explotar

Plural: explotacións
  1. s f

    Acción de explotar.

  2. s f [ECON ]

    Conxunto de instalacións e actividades aplicadas ao funcionamento dunha empresa agrícola ou, por extensión, industrial, ao longo de todo o proceso de produción e comercialización.

  3. explotación forestal [ECON ]

    Uso que se lle dá ao bosque para a industrialización e comercialización dos seus recursos.

  4. explotación infantil

    Utilización de nenos para actividades laborais.

  5. teoría da explotación [ECON ]

    Análise do proceso en que a clase dominante se apropia, en cada etapa histórica, da diferenza que existe entre o valor dos bens no mercado e o valor medido polo traballo incorporado na súa produción. OBS: Tamén se denomina plusvalía.