experimental

experimental

experimento

Plural: experimentais
  1. adx

    Relativo ou pertencente á experiencia ou aos experimentos.

  2. adx

    Que se fundamenta na experiencia ou nos experimentos.

  3. teatro experimental [ESPECT ]

    Corrente teatral anovadora e transformadora que se caracteriza pola procura de novos elementos de significación, polo desenvolvemento de novos procesos creativos e pola exploración de novos medios de expresión, comunicación e recepción.

Citas

  • Realizou un estudio experimental sobre a seguridade no traballo
  • Traballan nun plan experimental de loita contra os incendios