éxito

éxito

lat exĭtu ‘saída’

Plural: éxitos
  1. s m

    Resultado dunha empresa, acción ou suceso, especialmente cando é favorable.

  2. s m

    Feito de ter algo ou alguén moi boa acollida. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

Citas

  • O seu libro tivo moito éxito entre os adolescentes, Non ten éxito coas mulleres
  • Terminou o curso con moi bo éxito, A vacina foi probada con éxito

Refranes

  • A quen Deus quere ben, todo lle medra.
  • Chegar e encher non sempre pode ser.
  • Ó bo día ábrelle a porta e para o malo aparéllate.
  • Para chegar e encher, algunha maña hai que ter.
  • Se tes arte, irás adiante.