exento -ta

exento -ta

lat exemptu

Plural: exentos Masculino: exento Masculino plural: exentos Feminino: exenta Feminino plural: exentas
  1. p irreg

    eximir.

  2. adx
    1. Que está libre dunha obriga, carga ou coidado.

    2. Falto ou desprovisto de algo.

  3. adx

    Que non está sometido á xurisdición ordinaria.

  4. adx
    1. Aplícase á escultura en tres dimensións e de vulto redondo.

    2. Aplícase ao edificio descuberto por todos os seus lados.

    3. Aplícase á columna que non está pegada a ningunha parte dun edificio ou dun muro. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

Citas

  • Está exento do servicio militar
  • Vivía nunha casa exenta de luxos e comodidades

Palabras vecinas

exemplo exemplum* exención exento -ta exeo -a exequátur exequial