etioloxía

etioloxía

gr α ἰ τιολογία

Plural: etioloxías
  1. s f

    Estudo das causas das cousas.

  2. s f
    1. Conxunto de causas que se admiten como responsables de que se inicien os mecanismos patoxénicos dun proceso patolóxico.

    2. Rama da medicina que estuda as causas das enfermidades.

  3. s f [RELIX ]

    Atribución, de carácter antropomórfico, dun fundamento ou dunha causa a un feito ou unha realidade concretos.