estudo

estudo
Plural: estudos
  1. s m

    Acción de estudar.

  2. s m pl
    1. Conxunto de cousas ou aspectos que se estudan dunha materia.

    2. Conxunto de materias que se estudan nunha determinada especialidade ou nivel.

  3. s m

    Coñecemento ou experiencia nunha ciencia, arte ou profesión, que se adquire mediante o estudo ou os exercicios prácticos.

  4. s m

    Obra ou traballo en que se estuda un asunto determinado.

  5. s m

    Representación gráfica ou escultórica que se realiza como exercicio ou ensaio antes da obra definitiva.

  6. s m [MÚS ]

    Peza musical concibida para destacar o dominio técnico dun instrumento ou da voz.

  7. estudo de impacto ambiental [XEOG ]

    Estudo técnico que se destina a predicir, identificar, valorar e corrixir os efectos ambientais que determinadas accións poidan causar sobre a calidade de vida do home e do medio natural.

  8. estudo do desprazamento ao vermello [ASTRON ]

    Sistema de medición directa da velocidade de afastamento das galaxias.

  9. estudos de liña de base [XEOG ]

    Consiste nun diagnóstico situacional para determinar as condicións ambientais dunha área xeográfica antes de executarse o proxecto.