estroncio
estroncio
estronciana
-
s
m
[QUÍM ]
Elemento metálico pertencente á familia dos alcalinotérreos, grupo IIA da táboa periódica entre o calcio e o bario, de número atómico 38 e peso atómico 87,62.
-
bromuro de estroncio
[QUÍM ]
Substancia cristalina e delicuescente que se emprega como sedante e antiepiléptico.
-
nitrato de estroncio
[QUÍM ]
Sólido en forma de pos incoloros que se emprega, mesturado con outros aditivos, en pirotecnia, para producir luz vermella.
-
óxido de estroncio
[QUÍM ]
Substancia que se presenta en forma dunha masa cáustica e porosa, e se emprega para refinar o xofre.