estrobo

estrobo

lat v *strophu, de struppu gr στρό ϕ ος ‘lazo, corda, volta’

Plural: estrobos
  1. s m [MAR ]

    Anel formado por un anaco de cabo encapelado ao tolete dunha embarcación que serve para suxeitar o remo.

  2. s m

    Lazo que vai no centro do xugo dos bois e que serve para suxeitalo ao temón do carro ou do arado por medio da chavella.

  3. s m

    Aro ou lazo feito dunha corda ou dunha póla verde retorta que suxeita a cancela ao posto en que se apoia para xirar.

  4. s m

    Pau ou madeiro en que descansan diferentes obxectos ou pezas.

  5. s m

    Lazo de corda ou de varas que se emprega para suxeitar ou amarrar distintos aparellos.

Sinónimos