estridente

estridente

lat strīdente

Plural: estridentes
  1. adx
    1. Aplícase ao son agudo, áspero e desagradable.

    2. Que produce ese son.

  2. adx

    Que é rechamante ou que implica esaxeración ou violencia.

  3. adx [LING ]

    Que se produce con máxima turbulencia da corrente de aire.

Citas

  • A perforadora que está na rúa produce un ruído estridente
  • Cando sae pola noite gústalle vestir de xeito estridente