estribo

estribo
Plural: estribos
  1. s m
    1. Cada unha das pezas de metal, madeira ou coiro nas que o xinete pon o pé cando cabalga.

    2. Peza que, a modo de chanzo, serve para subir ou baixar nalgúns vehículos.

  2. s m [ANAT ]

    Pequeno óso situado na parte máis interna do oído medio dos mamíferos.

    1. s

      Peza coa que se aseguran trabes ou se ligan dúas pezas de madeira.

    2. estribo de pendulón [CONSTR ]

      Abrazadeira de ferro que suxeita o tirante co extremo inferior do pendulón.

  3. s m

    Peza que serve de apoio.

Sinónimos

Citas

  • A carruaxe levaba estribos que axudaban a baixar
  • Apoiou o pé no estribo para mover a pedra de afiar
  • Subiu ao cabalo poñendo o pé no estribo

Frases hechas

  • Perder os estribos. Perder o dominio dun mesmo actuando de xeito irreflexivo e incontrolado.