estrelamar
estrelamar
estrela + mar
-
s
f
[ANIMAL ]
Equinodermo mariño e bentónico, da clase dos asteroideos, caracterizado por presentar, as máis das especies, cinco brazos arredor dun disco central, ter a boca en posición ventral e o ano en posición dorsal. Presentan pés ambulacrais que serven para desprazarse e capturar o alimento.
-
s
f
[PLANTA ]
Planta herbácea, da familia das plantaxináceas, de follas lanceoladas e pinnatífidas que forman unha mouta basal, flores hermafroditas, pequenas e tetrámeras, co tubo da corola piloso, dispostas en espigas pedunculadas, e froitos capsulares.