alidada

alidada

ár al-’idada ‘a regra do carpinteiro’

Plural: alidadas
  1. s f [XEOG ]

    Aparato que serve para definir visuais e trazalas simultaneamente sobre a prancha topográfica.

  2. s f
    1. Regra cunha pínnula en cada extremo que se coloca enriba da agulla maxistral para obter marcacións e demoras.

    2. Elemento construído para ser adaptado a unha agulla ou a un repetidor da agulla xiroscópica.

    3. Tipo correspondente a unha alidada acimutal, que grazas á combinación dun prisma e dun espello é idónea para atopar o acimut dun astro.