estratificación
estratificación
estratificar
-
s
f
[XEOL ]
Deposición dun estrato ou capa detrás doutro estrato en superficies planas ou lixeiramente inclinadas.
-
s
f
Operación de dispoñer en capas sementes de plantas arbóreas e area ou terra fina, para acadar unha mellor conservación e evitar a súa alteración ou a xerminación prematura.
-
s
f
[ECOL ]
Disposición dunha biocenose en estratos.
-
s
f
[LING ]
Subdisciplina lingüística que ten como obxectivo establecer correlacións entre variables lingüísticas e sociais, isto é, adscribir as diferenzas de expresión a distintos grupos sociais.
-
estratificación social
[SOCIOL ]
División da sociedade en capas, clases ou grupos que se consideran mutuamente relacionados e xerarquizados dos máis baixos aos máis altos.