estranxeiro -ra
estranxeiro -ra
fr antigo estrangier
-
adx
Que é dun país que non é o propio.
-
s
[DER ]
Persoa que, aínda que ten nacionalidade propia, non ten a nacionalidade do país onde reside.
-
s
m
Mundo que está situado fóra do país en que se vive.
Citas
- Habita no estranxeiro
Refranes
- A onde fores fai como vires.
- A onde queira que fores, fai como vires.
- A onde vaias, fai o que vexas.
- Ata que se sae da casa, non se sabe o que fóra se pasa.
- Cando fores a chan alleeiro leva o pan no capelo.
- Cando pases pola terra dos tortos, pecha un ollo.
- En terra allea a vaca ao boi cornea.
- En terra allea a vaca aos bois cornea I turrea.
- En terra allea o que ben está, ben estea.
- Fai como vires, onde vivires.
- Na terra anea a vaca ao boi cornea.
- Na terra en que vivires fai sempre o que vires.
- O boi bravo na terra anea faise manso.
- O que corre polo mundo non dá paso seguro.
- Onde fores, fai o que vexas.
- Polo nun curral alleo nin sabe onde come nin dá co poleiro.
- Por onde vaias, fai como vexas.
- Vale máis o mal da miña terra có mal da anea.