estilo

estilo

lat stilus gr στ ῦ λος

Plural: estilos
  1. s m
    1. [LIT ]

      Maneira particular dun autor ou orador de expresar o pensamento na linguaxe oral ou escrita.

    2. [ARTE ]

      Carácter propio das obras dun artista.

    3. Conxunto de características orixinais que distinguen unha escola, período artístico, nación ou época determinada, e que permiten identificar e individualizar esas obras.

    4. Xeito ou maneira de actuar ou comportarse característica e distintiva dunha persoa ou colectividade.

    5. Gusto, elegancia ou distinción que manifesta unha persoa ou cousa.

  2. s m [BOT ]

    Prolongación filiforme do ovario que sostén o estigma. Pode ser único ou pode haber tantos estilos como carpelos.

  3. s m [DEP ]

    Conxunto de xestos ou formas que definen unha maneira concreta e regulamentada de executar un exercicio deportivo ou participar nunha competición.

  4. s m

    Punzón co que na Antigüidade se escribía nas táboas enceradas.

  5. s m

    Gnomon ou agulla dun reloxo de sol.

    1. estilo directo

      Reprodución literal das palabras doutra persoa, sen introducir cambios gramaticais.

    2. estilo indirecto

      Reprodución non literal das palabras doutra persoa, introducida mediante un subordinante, xeralmente que.

Sinónimos

Citas

  • A casa está decorada con moito estilo
  • Ese cuadro é de estilo neoclásico
  • Gústame o seu estilo de vida, Sempre fala cun estilo moi afectado

Frases hechas

  • De estilo. Que pertence a un estilo ben definido.

  • Polo estilo. De igual maneira, de forma parecida.