estigma

estigma

lat stigma gr στίγμα ‘picadura’

Plural: estigmas
  1. s m

    Sinal ou marca no corpo, xeralmente indeleble.

  2. s m

    Marca feita no corpo cun ferro candente que antigamente se lles poñía aos delincuentes ou aos escravos.

  3. s m

    Motivo de deshonra ou mancha na reputación de alguén.

  4. s m [RELIX ]

    Sinal que aparece milagrosamente no corpo dunha persoa, semellante ás aparecidas no corpo de Xesús Cristo durante a súa paixón.

  5. s m [PAT ]

    Síntoma ou signo morboso persistente, característico dunha determinada enfermidade.

  6. s m
    1. Parte apical do carpelo encargada de recibir o pole.

    2. Mancha ocular, de cor laranxa viva que presentan moitas algas euglenófitas.

  7. s m [ENTOM ]

    Cada un dos orificios respiratorios dos arácnidos, dos insectos e dos miriápodos.

Citas

  • Levou sempre o estigma dos crimes perpetrados pola súa familia
  • Ten na cara estigmas da varíola