esterco
esterco
lat stercŏre
s
m
Excrementos animais mesturados con restos vexetais que se empregan para fertilizar a terra.
Ex: Xuntamos esterco suficiente para estrar a horta.
Sinónimos
Citas
- Xuntamos esterco suficiente para estrar a horta.
Refranes
- a esterco é o pai e a nai da terra.
- a esterco na terra é a nai da colleita.
- a esterco non é santo pero onde cae fai milagros.
- Esterco de charamela, todo é purrela.
- Esterco de fieito, gran polo peito.
- Esterco de folla, gran pola trolla.
- Esterco de palla, gran pola barba.
- Esterco de silva, gran pola crisma.
- Esterco de xesta, gran por enriba da testa.
- Fai esterco na roda do ano, que non che será sobrado.
- No estercar e no sachar non debes reparar, se queres colleitar.
- Para estercar fíxose o esterco.