estatística

estatística

al Statistik

Plural: estatísticas
  1. s f [MAT ]

    Ciencia, método, técnicas e operacións de análise matemática que permiten estudar numericamente e coa máxima precisión os fenómenos colectivos incompletamente coñecidos. As súas aplicacións máis importantes son a realización de sondaxes nos estudos socioeconómicos, políticos ou comerciais, a planificación das experiencias na investigación científica, ou os estudos complexos en psicoloxía e outras ciencias humanas.

  2. s f [MAT ]

    Conxunto de datos e feitos recollidos, clasificados e computados.

Sinónimos