estado
lat statu
-
s
m
Maneira de ser, de estar ou de atoparse nun momento dado, alguén ou algo.
-
-
s
Maneira de ser, de presentarse ou de existir un sistema material. O estado dun sistema defínese por un número determinado de magnitudes físicas expresables cuantitativamente, chamadas variables ou funcións de estado.
-
ecuación de estado
Expresión analítica implícita que relaciona as propiedades físicas, a presión, o volume específico e o tempo.
-
estado de agregación
Estado dun sistema material segundo o grao de cohesión das moléculas que o forman. Segundo o estado de agregación, un sistema material pódese presentar en forma sólida, líquida e gasosa.
-
s
-
-
s
Período dunha enfermidade no que os síntomas permanecen aproximadamente iguais.
-
estado crepuscular
Estado caracterizado pola perda transitoria da consciencia e o mantemento da capacidade para efectuar involuntariamente accións que logo non se lembran.
-
s
-
-
s
Entidade estable e permanente de carácter soberano, asentada sobre un territorio delimitado, habitada por unha determinada poboación e dotada dun poder político e xurídico institucionalizado. De acordo coa súa estrutura o estado unitario concentra nun único goberno central todas as competencias, que afectan por igual a todo o territorio; o federal recoñece o gozo de competencias de modo exclusivo a certas entidades dentro do propio Estado que dispoñen de atribucións lexislativas, executivas e xudiciais propias. Pola forma de goberno, distínguense a monarquía e a república e os réximes parlamentarios e presidencialistas.
-
s
Conxunto dos poderes públicos que conforman o aparato administrativo da comunidade política.
-
Estado das autonomías
Denominación do modelo de Estado establecido en España pola Constitución de 1978, que permite a creación en territorios limítrofes dunha comunidade autónoma que pode acceder ao seu autogoberno nas competencias que a propia Constitución establece.
-
estado de dereito
Estado no que os poderes públicos están sometidos de modo efectivo ao imperio da lei mediante o control xurisdicional dos seus actos.
-
estado patrimonial
Estado no que a soberanía non procede da organización nacional, senón da persoa física do soberano, limitada só polas leis morais e relixiosas.
-
estado policial
Estado que recoñece os dereitos civís dos individuos pero que lles nega os dereitos políticos.
-
golpe de estado
Toma do poder político por un grupo minoritario, xeralmente vinculado ás forzas armadas, que se produce normalmente en momentos de crise económica e de indecisión e desorganización do réxime político.
-
razóns de estado
Consideracións polas que un goberno sitúa o interese de Estado por enriba dos principios xeralmente admitidos, que deben quedar subordinados.
-
s
-
s
m
[HIST ]
Cada un dos territorios sometidos á xurisdición dun soberano ou dun señor xurisdicional.
-
-
s
Cada unha das ordes ou estamentos nos que se consideraba dividida a sociedade no Antigo Réxime.
-
Estados Xerais
Asemblea dos tres estamentos, nobreza, clero e terceiro estado, e de todas as provincias, durante o Ántigo Réxime, convocada polo rei para obter subsidios extraordinarios e asegurar a unidade no seu contorno.
-
s
-
estado civil
[DER ]
Circunstancias persoais que determinan a capacidade, os dereitos e as obrigas dos cidadáns. As causas que o determinan son o nacemento, a nacionalidade, o sexo, a familia, a idade e a ausencia.
-
estado de alarma/emerxencia
[DER ]
Situación que declara a autoridade competente diante dunha catástrofe natural, accidente, crise sanitaria, desabastecemento de produtos de primeira necesidade ou de servizos fundamentais, pola que todos os recursos materiais e humanos das administracións e dos particulares quedan a disposición do goberno e baixo as ordes directas del.
-
estado de excepción
[DER ]
Situación que declara a autoridade competente diante dunha alteración grave do libre exercicio dos dereitos e liberdades dos cidadáns, dos servizos públicos esenciais ou da orde pública, que non se pode resolver co exercicio das potestades ordinarias.
-
estado de necesidade
[DER ]
Situación de grave perigo ou de extrema necesidade que só se pode remediar vulnerando os intereses xuridicamente protexidos dun terceiro, o que conduce a un conflito co dereito fundamental e inalienable á vida.
-
estado de sitio
[DER ]
Situación anómala que declara a autoridade competente diante da produción ou ameaza dunha insurrección ou acto violento que poña en perigo a soberanía ou a independencia do Estado, a súa integridade territorial ou a orde constitucional.
-
estado maior
[BÉL ]
Corpo de oficiais encargado desde o s XIX do asesoramento técnico dos cargos superiores do exército, de distribuír as ordes e de velar polo seu cumprimento.
-
teoría do estado estacionario
[ASTRON ]
Teoría cosmolóxica que establece que o Universo non ten nin principio nin final e que a densidade da materia é constante. Abandonouse en beneficio da teoría do Big Bang.
Citas
- A víctima permanece nun estado lamentable despois da agresión, Véndese un coche en bo estado, Nese país aínda hai terras en estado virxe
Frases hechas
-
Caer/Estar/Quedar en estado. Quedar embarazada.