estación

estación

lat statĭōne

Plural: estacións
  1. s f

    Cada un dos períodos nos que se divide o ano.

  2. s f

    Lugar onde un vehículo recolle e deixa mercadorías e viaxeiros.

    1. s

      Centro ou conxunto de instalacións dedicadas a determinadas actividades ou a realizar estudos de investigación, normalmente de carácter científico.

    2. estación alpina/invernal/de esquí/de montaña

      Localidade de montaña en que se construíu ou habilitou un conxunto de instalacións dedicadas á práctica de actividades deportivas invernais, especialmente pistas de esquí, así como os equipamentos e infraestruturas necesarias para o acceso aos servizos e o aloxamento dos usuarios.

    3. estación de servizo

      Lugar onde se subministra combustible aos automóbiles.

    4. estación espacial [COSMON ]

      Nave espacial de concepción modular, situada en órbita permanente, destinada á experimentación en condicións de baixa gravidade e durante períodos prolongados.

    5. estación meteorolóxica [METEOR ]

      Instalación dotada de instrumentos destinados á obtención de rexistros cuantitativos dos fenómenos meteorolóxicos.

    6. estación orbital [COSMON ]

      Nave espacial colocada en órbita para ser utilizada como hábitat de sucesivas tripulacións espaciais que chegan mediante naves de transporte e que permanecen nela durante un tempo prolongado.

    7. estación transformadora [ENX ]

      Instalación fixa para a conversión de tensión de corrente alterna e a distribución desta para o consumo.

  3. s f [BOT/XEOG ]

    Conxunto de factores que actúan sobre os vexetais nunha localidade concreta.

  4. s f [RELIX ]

    Cada unha das 14 escenas que conmemoran o camiño de Xesús coa cruz cara ao calvario.

  5. estación arqueolóxica [ARQUEOL ]

    xacemento.

  6. estación dos planetas [ASTRON ]

    Punto do camiño aparente que percorren os planetas respecto ás estrelas fixas, en que o seu movemento parece deterse e que se produce cada vez que o planeta pasa do movemento planeta ao retrógrado, ou viceversa.

Citas

  • No outeiro hai unha estación repetidora de telefonía

Refranes

  • Da cereixa ao cimón ben che vai, pión; do cimón á cereixa xa me dara-la queixa.