esquío

esquío

lat *sciure gr σχίουρος

Plural: esquíos
  1. s m [ANIMAL ]

    Roedor da familia dos esciúridos.

  2. esquío rubio [ANIMAL ]

    Roedor, da familia dos esciúridos, co corpo alongado e estreito e cola longa e peluda. As patas traseiras teñen maior tamaño ca as dianteiras e sérvenlle para realizar grandes saltos entre árbores. Son de cor castaña escura ou rubia e co ventre de branco. Están presentes tanto en bosques de coníferas coma en bosques de folla caduca.

  3. esquío voador [ANIMAL ]

    Roedor caracterizado por presentar unha membrana a cada lado do corpo que lles permite a estes animais realizar voos planando entre as árbores. Son animais de hábitos nocturnos, de pelaxes escuras e ollos grandes. Aniñan en buracas de árbores.