esqueleto

esqueleto

(>gr σκελετός ‘desecado’)

Plural: esqueletos
  1. s m [ANAT ]

    Conxunto de pezas duras e resistentes que protexen as partes brandas do corpo dalgúns animais e lles serven de soporte. Hai dous tipos de esqueletos, o interno ou endoesqueleto e o externo ou exoesqueleto.

  2. s m

    Persoa que está extremadamente delgada.

  3. s m

    Estrutura ou parte interna de algo.

  4. s m

    Esquema ou bosquexo previo que se fai de algo.

  5. s m [BOT ]

    Nervadura foliar que resta unha vez destruído o mesofilo e as epidermes por descomposición.

  6. s m [XEOL ]

    Elementos da rocha nai non transformados que se localizan nun solo.

Sinónimos

Citas

  • O esqueleto do armario está picado pola couza
  • Só fixen o esqueleto do debuxo