esporón

esporón

2 espora

Plural: esporóns
  1. s m [ZOOL ]

    Apéndice agudo que presentan as extremidades dalgúns animais.

  2. s m [ANAT ]

    Prominencia aguda e sobresaínte.

  3. s m [BOT ]

    Prolongación tubular e pechada da base do cáliz ou da corola.

  4. s m
    1. Punta na que remata a proa dos barcos.

    2. Parte saínte e reforzada na proa dos buques de guerra que se empregaba como arma para acometer as naves inimigas.

  5. s m

    Contraforte dunha construción.

  6. s m

    Construción en forma de ángulo agudo que se coloca nos piares dunha ponte e que ten como función cortar a corrente e frear a forza desta.