espodumena

espodumena

gr σποδός ‘cinsa’

Plural: espodumenas
s f [MINERAL ]

Silicato de aluminio e litio, do grupo dos piroxenos, que cristaliza no sistema monoclínico, en cristais prismáticos de gran lonxitude e en masas aplanadas. De cor branca ou gris abrancazada, hai tamén algunhas variedades transparentes de cor rosa ou violácea ou verde, apreciadas en xoiaría.