espiráculo

espiráculo

lat spīrāculu

Plural: espiráculos
  1. s m [ANAT ]

    Cada un dos orificios de carácter respiratorio que presentan os peixes condrictios, que pon en comunicación a auga do exterior coas cámaras branquiais.

  2. s m [ANAT ]

    Cada un dos orificios dos cetáceos, que comunican a cavidade nasal co exterior.

  3. s m [ANAT ]

    Cada un dos orificios respiratorios de diversos artrópodos que poñen en comunicación o exterior co aparato traqueal ou pseudopulmonar interno.

  4. s m [ANAT ]

    Cada un dos orificios que serven para a saída da auga, que molla as branquias das larvas dos anfibios anuros.