espinosauro
espinosauro
lat científico Spino + -sauro
s
m
[PALEONT ]
Dinosauro terópodo, caracterizado por presentar unha gran crista que funcionaba como un sistema de termorregulación. Os espinosauros dispuñan de potentes mandíbulas longas con dentes rectos e afiados. Camiñaba normalmente sobre as patas traseiras pero posiblemente nalgúns momentos asumía a postura cuadrúpede. Viviu hai 110 millóns de anos, no Cretáceo, no N de África.