espiga

espiga

lat spica

Plural: espigas
    1. s

      Inflorescencia e logo infrutescencia, de flores sésiles dispostas en acios simples, como por exemplo a dos cereais.

    2. espiga composta

      Espiga que en lugar de flores ten espigas de segunda orde, como a dalgunhas poáceas.

    3. espiga raíña/ do rei

      Espiga de millo que ten os grans encarnados.

  1. s f
    1. Extremo ou parte saínte dun obxecto, normalmente alongado e máis rebaixado ca o resto, que encaixa noutro.

    2. Parte da ferramenta que se introduce nun mango.

Sinónimos

Frases hechas

  • Esas espigas non van para o meu canastro. Non estar de acordo ou non ter nada que ver co que se fala.