espertar

espertar

lat v *expertāre lat expertus

  1. v t

    Interromper o sono de quen estaba durmindo.

  2. v t

    Facer que alguén actúe con máis astucia ou intelixencia.

  3. v t

    Provocar na mente ou no ánimo unha sensación, desexo ou sentimento latente ou non.

  4. v i
    1. Deixar de durmir.

    2. Recuperar o coñecemento despois de perdelo por estar en coma ou por outra causa.

  5. v i
    1. Decatarse alguén de que está enganado ou que vive unha ilusión que non é verdadeira.

    2. olverse alguén máis intelixente ou astuto.

Sinónimos

Citas

  • A grave situación económica espertouno e reaccionou a tempo
  • A Ramón a música do grupo A Roda espertouno do coma
  • Aquel novo testemuño espertouna do seu engano
  • É necesario que María esperte e estudie máis antes de que suspenda
  • Espertou do seu erro cando quedou sen amigos
  • Espertouno ás sete para ir traballar
  • O concerto espertou o seu interese pola música clásica
  • O meu gusto polo teatro espertou ao ver unha obra aos oito anos
  • Sufriu un desmaio e cando espertou non recordaba qué pasara
  • Teño sono porque hoxe espertei moi cedo
Conjugar
VERBO espertar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
esperto
espertas
esperta
espertamos
espertades
espertan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
espertaba
espertabas
espertaba
espertabamos
espertabades
espertaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
espertei
espertaches
espertou
espertamos
espertastes
espertaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
espertara
espertaras
espertara
espertaramos
espertarades
espertaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
espertarei
espertarás
espertará
espertaremos
espertaredes
espertarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
espertaría
espertarías
espertaría
espertariamos
espertariades
espertarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
esperte
espertes
esperte
espertemos
espertedes
esperten
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
espertase
espertases
espertase
espertasemos
espertasedes
espertasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
espertar
espertares
espertar
espertarmos
espertardes
espertaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
esperta
-
-
espertade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
espertar
espertares
espertar
espertarmos
espertardes
espertaren
Xerundio espertando
Participio esperto/espertado
esperta/espertada
espertos/espertados
espertas/espertadas