esperar

esperar

lat sperāre

  1. v t
    1. Ter esperanza de que algo suceda.

    2. Crer que sucederá algo.

  2. v t

    Permanecer un certo tempo indeterminado nun lugar ou nunha situación ata que chegue alguén ou ocorra algo.

  3. v i

    Deixar pasar o tempo para que suceda algo.

Sinónimos

Citas

  • Esperaban que o barco chegara ás tres
  • Espéranse fortes chuvias para esta fin de semana, Espera a confirmación do seu traslado
  • Esperareite na porta da túa casa, OBS: Nalgunhas construccións emprégase coa preposición por, Esperei unha hora polo autobús e non chegou, Cansouse e non esperou máis por seu pai
  • Espero que este ano teñamos máis sorte no sorteo da lotería
  • Nin lembro cánto esperamos alí
  • Non sabedes o que vos espera ao chegar á casa

Refranes

  • O esperar é cousa que pide paciencia é vagar.
  • O que agarda polo que vén de fóra, agarda polo que vén tarde e sen hora.
  • O que espera, desespera.
  • Quen espera, tempo perde.
  • Quen esperou o máis, que espere o menos.
  • Se non chega por santa Lucía, chega para o outro día.
Conjugar
VERBO esperar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
espero
esperas
espera
esperamos
esperades
esperan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
esperaba
esperabas
esperaba
esperabamos
esperabades
esperaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
esperei
esperaches
esperou
esperamos
esperastes
esperaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
esperara
esperaras
esperara
esperaramos
esperarades
esperaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
esperarei
esperarás
esperará
esperaremos
esperaredes
esperarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
esperaría
esperarías
esperaría
esperariamos
esperariades
esperarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
espere
esperes
espere
esperemos
esperedes
esperen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
esperase
esperases
esperase
esperasemos
esperasedes
esperasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
esperar
esperares
esperar
esperarmos
esperardes
esperaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
espera
-
-
esperade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
esperar
esperares
esperar
esperarmos
esperardes
esperaren
Xerundio esperando
Participio esperado
esperada
esperados
esperadas