alférez

alférez

ár al-fāris ‘o xinete, o cabaleiro’

Plural: alféreces
  1. s
    1. Oficial dos exércitos de Terra e Aire de España co grao máis baixo da súa escala dentro da carreira militar.

    2. Grao do corpo xeral da Armada Española inmediatamente superior ao gardamariña e ao de alférez de fragata e inferior aos de tenente de navío e alférez de navío.

    1. s

      Cabaleiro que polo seu valor e pericia ecuestre, portaba o estandarte durante a loita. Pasou a denominarse subtenente.

    2. alférez maior

      Oficio outorgado polo rei para portar o pendón, as armas reais e municipais e amosalas diante do pobo.

Citas

  • Desfilou en último lugar a nova promoción de alféreces