esparto

esparto

lat spartu gr σπάρτον

Plural: espartos
s m [PLANTA ]

Planta herbácea perenne do xénero Stipa, da familia das poáceas. As follas son ríxidas, lineais e enroladas, co extremo punzante e a marxe cuberta de pelos. Forma moutas densas e duras que poden dominar certas paisaxes áridas. As inflorescencias son panículas, estreitas e densas, de cor amarelenta, que presentan unha única flor hermafrodita por espiguiña. A especie máis importante é Stipa tenacissima, que non é apta para a alimentación do gando pero da que tradicionalmente se usan as follas como importante fibra téxtil.