esoutro -tra
esoutro -tra
ese + outro
dem
Forma amalgamada que resulta da combinación do demostrativo ese co indefinido outro. No neutro non se produce a fusión, polo que as formas son sempre analíticas iso outro. O seu significado resulta da combinación do significado de ‘localización’, do demostrativo ese, co significado de ‘diferenza’, propio de outro. OBS: Contrae coas preposicións de e en dando lugar a desoutro(s), desoutra(s), nesoutro(s) e nesoutra(s).