esforzo

esforzo

esforzar

Plural: esforzos
  1. s m

    Acción que implica unha utilización moi elevada da forza física ou mental para superar algunha dificultade ou conseguir algunha cousa.

  2. s m [FÍS ]

    Forza por unidade de superficie aplicada a un corpo. Coñécese como esforzo de tracción ou tracción, e o esforzo de compresión ou compresión, se as forzas son perpendiculares á superficie. Cando as forzas son tanxenciais, fálase de esforzo de cizallamento ou esforzo cortante. OBS: Tamén se denomina tensión.

  3. esforzo pesqueiro [ECOL ]

    Medida da intensidade con que unha frota actúa sobre os recursos pesqueiros.

Citas

  • Nada todos os días dez quilómetros sen esforzo ningún, Este traballo é o resultado dun importante esforzo imaxinativo

Refranes

  • A anada non se pilla á carreira.
  • A Deus rogando e ca arado arando.
  • A pouca parada fai moita andada.
  • Á primeira aixadada non con tes con atopar auga.
  • A que amasa fariña nunca pan lle falta.
  • Afanar, afanar, e nunca medrar.
  • Algo se ha facer, para algo ser.
  • Amasando faise o pan.
  • Anda, se ques, que pes e mans tes.
  • Andando gaña a acea e non estando queda.
  • Andarás como andabas e quedarás como estabas.
  • Cal andamos, tal medramos.
  • Cando a acea está parada non dá proveito nin gaña nada.
  • Cando hai trigo na eira, hai pan na maseira.
  • Cando o carpinteiro ten madeira para traballar e a muller fariña para amasar, leña e pan non lles pode faltar.
  • Cando o lobo non vai polo seu pe, non come do que quer.
  • Coa moa parada non gaña o muiñeiro.
  • Con afán gáñase o pan.
  • Dá Deus ventura a quen a procura.
  • Dar couces contra o aguillón é mala ocupación.
  • Deus axuda ao que se axuda.
  • Deus dixo o que será, pero non o que virá.
  • Deus dixo: Axúdate, que eu te axudarei.
  • En Deus espera pero, mentres, arrenda as túas terras.
  • Esterca e non poñas marcos.
  • Fai ben e traballa e non durmirás na palla.
  • Fai máis o que quere có que pode.
  • Hai quen ten esforzo e foxe como un corzo.
  • Máis fai quen quere que que n pode.
  • Mans e vida compoñen a vila.
  • Mentres que a moa do muíño vai e vén, Deus dá seu ben.
  • Moito te matas e non te decatas.
  • Na cama do can non busques o pan, nin no fuciño da cadela busques a manteiga.
  • Na casa do que anda a traballar pode ronda-la fame, mais non pode entrar.
  • Nadar e nadar e na beira afogar.
  • Nadar, nadar e ao cabo afogar.
  • Ninguén nace aprendido.
  • Non busques o pan na cama do can.
  • Non hai terra tan brava que non amoleza coa aixada.
  • Non se gaña o pan sen afán.
  • Nunca debes levar máis do que poidas.
  • Nunca está sen pan a casa en que se traballa.
  • O abade, do que canta, xanta.
  • O can no barbeito ladra sen proveito.
  • O que á cerdeira non sobe malas cereixas come; o que sobe e cae, mal lle vai/peor lle vai.
  • O que algo quere, algo lle custa.
  • O que amasa e coce todo lle loce/ben se lle conoce.
  • O que moito busca, sempre algo encontra.
  • O que non ten esforzo, non merece o xantar nin o almorzo.
  • O que queira comer, que aprenda a traballar.
  • Ó raposo durmente non lle amence a galiña no dente.
  • O sol do verán non trae o trigo á mano
  • O traballo non mata pero faí amata.
  • O traballo non mata, pero amata.
  • Obra empezada, medio rematada.
  • Puxa o boí polo arado, mal do seu grado.
  • Quen colle trigo pode comer pantrigo.
  • Quen fai o que pode, faí o que debe.
  • Quen fai os mandados, que coma os bocados.
  • Quen peixes queíra pescar tense que mollar.
  • Quen que ira comer, que traballe.
  • Quen sementa en mala terra non colle máis que herba.
  • Quen sementa no camiño cansa os bois e perde o trigo.
  • Sementar por fanegas e coller por espigas.
  • Sufrir por valer, traballar por ter e estudiar por saber, calquera o pode facer.
  • Tanto tes como vales.
  • Traballa e non comerás palla.
  • Traballo sen proveito é facer o que xa está feito.
  • ¡Deus che dea bes, se traballar ques!
  • ¡Fíate en Deus e non corras!
  • ¡Gracias a Deus que cocemos sete petadas e nove debemos!