ese -sa
ese -sa
Masculino:
ese
Masculino plural:
eses
Feminino:
esa
Feminino plural:
esas
-
dem
Designa a cousa ou persoa que se atopa máis cerca do receptor ca do emisor, ou nunha distancia intermedia, nin de proximidade nin de afastamento, do emisor.
-
dem
Emprégase para referirse a algo que se acaba de mencionar e non a outro.
-
dem
Emprégase con valor despectivo ou distanciador cando acompaña ou substitúe un substantivo.
-
dem
Expresa desapego ou desinterese por algo ou alguén. OBS: A forma neutra é iso e non admite variación de número. O demostrativo ese contrae coas preposicións en e de e dá lugar ás formas nese(s), nesa(s), niso, dese(s), desa(s) e diso.