escuma

escuma

lat tardío *scuma xerm *skum

Plural: escumas
  1. s f
    1. [QUÍM ]

      Dispersión dun gas nun líquido en que a fase dispersa, que é o gas, está pechada nun conxunto de pequenas celas ou burbullas formadas por unha película moi fina de líquido dispersante.

    2. Produto cosmético ou de limpeza que presenta a consistencia da escuma ou se aplica desa forma.

  2. s f

    Mestura de cuspe e burbullas que se forma na boca dunha persoa ou dun animal.

  3. escuma de mar [XEOL ]

    Rocha de cor branca e gris clara. Dos seus compoñentes destaca a sepiolita.

Sinónimos

Citas

  • O can correu tanto que logo botaba escuma pola boca, Estaba tan alporizado que lle saía a escuma pola comisura dos labios