escudo
lat scūtu
-
s
m
-
[HIST ]
Arma defensiva consistente nunha lámina de metal, de coiro ou de madeira, que se levaba no brazo esquerdo.
-
Calquera cousa que protexe ou resgarda.
-
[BÉL ]
Prancha de aceiro montada diante dun canón para protexer os artilleiros.
-
[CONSTR ]
Estrutura metálica móbil de sostemento e protección que se usa na escavación e revestimento de túneles.
-
[ENTOM ]
Peza dorsal do exoesqueleto dalgúns insectos situada no tórax.
-
[ZOOL ]
Parte dorsal da cuncha das tartarugas.
-
[ZOOL ]
Cada unha das escamas ventrais das serpes.
-
[HIST ]
-
s
m
[BOT ]
Célula periférica do anteridióforo das carofíceas.
-
s
m
[ORNIT ]
Peteiro dos rálidos e anátidos como os éideres.
-
s
m
[MAR ]
Peza de madeira, situada na popa dos botes e pequenas embarcacións, que constitúe o respaldo do asento de popa.
-
s
m
[XEOG ]
Rexión fisiográfica constituída por materiais moi antigos, xeralmente precámbricos, que non experimentaron case dobramento desde unha época moi remota, e que sufriu diversas erosións ata formar grandes penechairas un pouco convexas.
-
s
m
-
[HERÁLD ]
Representación simbólica dunha persoa, familia ou liñaxe, dunha autoridade, de poboacións e países e, por extensión, de corporacións ou entidades.
-
[ARQUIT ]
Motivo decorativo, pintado ou esculpido, en forma de escudo de armas.
-
[HERÁLD ]
-
-
s
Unidade monetaria principal de Portugal (1931-2001).
-
s
Moeda de ouro cuñada por primeira vez en 1266 por Luís IX de Francia.
-
s
Moeda de ouro de Castela, introducida por Carlos I en 1535 dentro das cuñaxes feitas para sufragar a expedición a Tunisia.
-
s
Moeda de prata de Isabel II cuñada entre 1864 e 1868.
-
escudo caboverdiano
Unidade monetaria principal de Cabo Verde.
-
s