escudeiro -ra

escudeiro -ra
Plural: escudeiros Masculino: escudeiro Masculino plural: escudeiros Feminino: escudeira Feminino plural: escudeiras
  1. s

    Fabricante de escudos.

  2. s m

    Mozo portador do escudo e das armas do seu señor mentres non se utilizaban.

  3. s m

    Mozo nobre que na Idade Media estaba ao servizo dun cabaleiro como aprendiz antes de ser armado cabaleiro.

  4. s m

    Último grao dentro da sociedade nobiliaria.

Refranes

  • A escudeiro fachendoso, rapaz tiñoso.
  • Escudeiro pobre, cunca de prata e caldeiro de cobre.
  • Escudeiro turulato: de mozo, ladrón e, de vello, beato.
  • O bo escudeiro déitase tarde e érguese cedo.