escrofulariáceo -a
escrofulariáceo -a
escrofularia + –áceo
-
adx
Relativo ou pertencente ás escrofulariáceas.
-
s
f
[PLANTA ]
Planta da familia das escrofulariáceas.
-
s
f pl
[PLANTA ]
Familia de plantas herbáceas, arbustivas ou lianas, da orde das escrofulariais. As flores preséntanse, as máis das veces, en acios, e son hermafroditas, cigomorfas e pentámeras ou tetrámeras, de corola gamopétala bilabiada e co ovario superior e bilocular. Os froitos son en cápsula ou baga.