escribir

escribir

lat scribĕre

  1. v t

    Representar palabras, números, sons, expresións ou ideas por medio de signos gráficos. Tm abs.

  2. v t
    1. Compoñer unha obra literaria, musical ou científica. Tm abs.

    2. Publicar artigos en diarios ou revistas. Tm abs.

  3. v t

    Comunicar algo a alguén por escrito. Tm abs.

  4. v i

    Expresarse por escrito.

Citas

  • Escribe o meu teléfono neste papel, OBS: Nalgunhas construccións omítese o complemento directo e adquire valor absoluto, O fillo máis pequeno aínda non escribe ben
  • Escribiu un conto sobre a soidade, OBS: Nalgunhas construccións omítese o complemento directo e adquire valor absoluto, Ese autor escribe sempre sobre os mesmos temas
  • Escribiulle unha postal para felicitalo polo seu aniversario, OBS: Nalgunhas construccións omítese o complemento directo e adquire valor absoluto, Escríbelle dúas veces por semana
  • Os alumnos cada vez escriben peor
  • Xa escribía artigos para ese xornal cando estaba na universidade, OBS: Nalgunhas construccións omítese o complemento directo e adquire valor absoluto, Se mo pedisen, escribiría nesa revista
Conjugar
VERBO escribir
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
escribo
escribes
escribe
escribimos
escribides
escriben
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
escribía
escribías
escribía
escribiamos
escribiades
escribían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
escribín
escribiches
escribiu
escribimos
escribistes
escribiron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
escribira
escribiras
escribira
escribiramos
escribirades
escribiran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
escribirei
escribirás
escribirá
escribiremos
escribiredes
escribirán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
escribiría
escribirías
escribiría
escribiriamos
escribiriades
escribirían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
escriba
escribas
escriba
escribamos
escribades
escriban
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
escribise
escribises
escribise
escribisemos
escribisedes
escribisen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
escribir
escribires
escribir
escribirmos
escribirdes
escribiren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
escribe
-
-
escribide
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
escribir
escribires
escribir
escribirmos
escribirdes
escribiren
Xerundio escribindo
Participio escrito
escrita
escritos
escritas