alerón

alerón

fr aileron ‘á pequena’

Plural: aleróns
  1. s m [AERON ]

    Superficie móbil e articulada do avión situada no extremo do ángulo de saída da á que serve para gobernar o movemento de balanceo da aeronave.

  2. s m [MAR ]

    Cada unha das extremidades laterais da ponte de mando, desde as que hai unha boa visibilidade cara á proa e a popa.

Citas

  • Cun breve movemento nos aleróns da aeronave descendemos douscentos metros