escorpión

escorpión
Plural: escorpións
  1. s m [ANIMAL ]

    Calquera arácnido da orde dos escorpións.

  2. s m [ANIMAL ]

    Orde de arácnidos terrestres, de corpo dividido nun prosoma anterior, cuberto por unha cuncha, e nun opistoma posterior, segmentado e dividido nun preabdome de sete segmentos, nunha cola estreita cilíndrica de cinco segmentos e un aguillón rematado en punta. O primeiro par de patas presenta pinzas que empregan para aferrar as presas.

  3. escorpión acuático [ANIMAL ]

    Percebella acuática, da familia dos népidos, caracterizada por presentar o primeiro par de patas modificado para apreixar os pequenos animais dos que se alimenta. A maioría presentan no extremo do abdome un tubo respiratorio, moi longo e fino, que manteñen por riba da superficie da auga.