escondidas, ás

escondidas, ás

esconder

  1. loc adv

    Sen ser visto.

  2. loc adv

    Sen dicir nada.

  3. xogar ás escondidas [XOGO ]

    Xogo infantil en que varios participantes fan un sorteo para decidir quen vai quedar (apandar) e os que se van agochar. Ao que queda, chamado pandote, tápanselle os ollos e fáiselle poñer de costas ao resto, que van fuxindo cara a un escondedoiro. Se este encontra algún dos seus compañeiros, ocupará o seu sitio, de non ser así continuará el mesmo.