escola
lat schola ‘lugar de estudio’ gr σχηολ ή
-
-
s
Institución colectiva, de carácter público ou privado, onde se instrúe ou educa.
-
escola activa
Escola que aplica métodos de pedagoxía activa.
-
escola agrícola
Escola primaria que, en diversas nacións europeas e desde mediados do s XIX, contemplaba o ensino da agricultura como un dos compoñentes do seu plano de estudos.
-
escola catedralicia/episcopal
Escola creada pola Igrexa para preparar, en principio, o clero; funcionaron desde o s IV ata a creación das universidades.
-
escola confesional
Escola onde a tarefa de instrución e educación está condicionada por unha determinada confesión relixiosa.
-
escola de declamación
Sección dependente dos conservatorios de música que tiña como obxectivo a formación de actores.
-
escola de produción
Escola ideada por Pavel P. Blonskij que uniu o método educativo baseado na natureza coas ciencias sociais e naturais, co traballo industrial e coas manifestacións literarias e artísticas; incorporou a escola á organización económica e social.
-
escola graduada
Escola que, a diferenza da escola unitaria, desenvolve o ensino por graos en distintas aulas, cada unha co seu profesor correspondente.
-
escola infantil
Centro escolar que admite alumnos ata os seis anos.
-
escola laica
Escola que funciona seguindo directrices laicas e na que se prescinde de toda instrución nunha fe relixiosa.
-
escola monacal/conventual
Escola eclesiástica dedicada en principio á promoción dos futuros monxes.
-
escola nocturna obreira
Centros escolares creados para propagar a doutrina católica entre a clase traballadora.
-
escola nova
Movemento de renovación pedagóxica que xurdiu a finais do s XIX e que tiña como finalidade a de enfrontar, de xeito distinto, a problemática escolar e revitalizar a escola con novos discursos pedagóxicos e novos métodos de investigación.
-
escola primaria
Escola en que se dispensa o ensino primario.
-
escola privada
Escola en que a titularidade corresponde a persoas físicas ou a sociedades privadas.
-
escola pública
Escola en que a titularidade corresponde á Administración central, autonómica ou local do Estado.
-
escola racionalista
Escola que segue os principios da corrente pedagóxica homónima e que defendía o predominio do coñecemento racional e empírico fronte ao dogmático e metafísico.
-
escola técnica
Escola en que se dispensa o ensino técnico non universitario.
-
escola unificada
Tipo de escola que segue o principio fundamental da corrente pedagóxica que preconizaba un curso de acción pedagóxica similar para todos os escolares.
-
escola unitaria
Escola en que hai unha única aula cun só mestre para dispensarlles o ensino a alumnos de diversos graos; é propia, sobre todo, de zonas rurais.
-
s
-
s
f
Instrución que se dá nun establecemento de ensino primario.
-
s
f
Lugar ou edificio onde se desenvolve a actividade escolar, docente e discente.
-
s
f
Conxunto de docentes e discentes dos establecementos de ensino denominados escola.
-
s
f
Conxunto de persoas que, en filosofía, ciencia ou arte, seguen unhas mesmas directrices ideolóxicas, metodolóxicas, estilísticas ou estéticas, e que manifestan na súa actividade e produción uns trazos comúns, peculiares e distintivos.
-
s
f fig
Aquilo que se aprende, especialmente por experiencia.
Citas
- A escola da vida aprendeulle a non confiar en ninguén
Frases hechas
-
Crear/Facer escola. Ter disc