esclusa

esclusa

lat tardío exclūsa ‘auga separada da corrente’

Plural: esclusas
s f [ENX ]

Recinto pechado e localizado nunha canle de navegación, dotado de portas móbiles de entrada e saída, que se poden abrir ou pechar segundo se queira conter as augas ou deixalas circular, coa finalidade de permitirlles aos navíos salvar as diferenzas de nivel existentes na canle.