escintilación
escintilación
lat scintillatĭōne
-
s
f
Emisión de brillos de forma intermitente con distintas cores e intensidade variable.
-
s
f
[FÍS ]
Produción de pequenas chispas luminosas por parte dun escintilador, orixinadas polos impactos de partículas de alta enerxía. A luz prodúcese por fluorescencia.
-
escintilación interplanetaria
[ASTRON ]
Flutuación rápida no fluxo dunha radiofonte de pequeno diámetro aparente, situada nunha dirección que pasa polas proximidades do disco solar.
Sinónimos
Citas
- A cidade adiviñábase baixo a escintilación das luces