escarapote

escarapote
Plural: escarapotes
  1. s m [ANIMAL/ICT ]

    Peixe da familia dos escorpénidos que se caracteriza por presentar un corpo groso de cabeza de gran tamaño, cuberto de lóbulos cutáneos e aguillóns que poden presentar canles e glándulas velenosas.

  2. escarapote común [ANIMAL/ICT ]

    Escarapote, de cor acastañada cinsenta ou arrubiada, con manchas escuras. As máis das veces amosan unha proliferación ramificada baixo o ollo e outra de menor tamaño no orificio nasal anterior.

  3. escarapote da lama [ANIMAL/ICT ]

    Escarapote, de cor acastañada ou vermella, e cunha mancha negra entre o oitavo e décimo rado espiñento da aleta dorsal.

  4. escarapote da pedra [ANIMAL/ICT ]

    Escarapote, de cor rubia ou amarelenta. As espiñas da cabeza, os primeiros raios espiñentos das aletas, e as espiñas presentes no opérculo, poden inocular veleno.