éscara

éscara

lat eschăra gr ἐ σχάρα ‘altar doméstico’

Plural: éscaras
  1. s f [HIST ]

    Altar das divindades e dos heroes de forma redonda e sen pedestal. Tiña unha fendedura na súa parte superior para recoller o sangue das víctimas e as libacións de xeito que caesen e fosen absorbidas pola terra.

  2. s f [PAT ]

    Lesión da epiderme, do derma e do hipoderma que se caracteriza por unha necrose en masa da pel.