aleixado -da

aleixado -da

a- + lat *laesiāre por laesionāre ‘ferir’

Plural: aleixados Masculino: aleixado Masculino plural: aleixados Feminino: aleixada Feminino plural: aleixadas
  1. adx

    Que ten algunha imperfección física.

  2. adx p ext

    Que ten algún problema ou defecto moral ou psíquico.

Citas

  • É unha persoa moi íntegra; non a podemos considerar aleixada no plano moral
  • Polo feito de ser unha persoa aleixada, precisa dun coidado maior

Palabras vecinas

aleitar aleivosía aleivoso -sa aleixado -da alelí alelo alelomorfismo