alegría

alegría

alegre

Plural: alegrías
  1. s f

    Sentimento de pracer que se manifesta con signos exteriores.

  2. s f

    Aquilo que é a causa dese sentimento.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • A alegría que aparecía na súa face denotaba o seu optimismo

Refranes

  • A alegría, contándoa, crece.
  • A tres días de alegrías, trinta días de agonías.
  • As alegrías non son para tódolos días.
  • Ben se alegra o lobo do que come o zorro.
  • Corazón alegre, home san.
  • Da panza sae a danza.
  • Día virá que o que hoxe canta, chorará.
  • Fai ben e vive alegre.
  • Non sabe o que é alegría o que non cría.
  • Non sei que ten o pandeiro, que moito alegra o turreiro.
  • O pandeiro dálle alegría ao turreiro.
  • Quen vai mal cantando, non pode ir ben chorando.
  • Unha onza de alegría vale máis ca unha fanega de melancolía.
  • Unha onza de alegría vale máis que cen fanegas de melancolía.
  • Vale máis neno contento que pucho de cereixas.
  • ¡Alegrete, alegrote: que hai viño na cuba e chourizos no pote!
  • ¡Alegría, albardeiros, que se queima a palla!
  • ¡Alegría, Entroido: que mañá é Coresma!
  • ¡Folión, foliote, que anda o rabo do porco no pote!
  • ¡Que alegría hai no turreiro, cando se anima o pandeiro!

Palabras vecinas

alegorizar alegrar alegre alegría alegrón aleira aleirar